Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 13 mayo 2021
02:09
h
{ enlazarte }

Música y alzheimer

    O neurocientífico Oliver Sacks foi un dos grandes divulgadores do poder da música nos pacientes que sofren enfermidades cognitivas. O seu libro Musicofilia: Relatos de la música y el cerebro (2009), e o documental presentado en Sundance o pasado ano, Alive inside: The story of music and memory, preséntannos un relato estremecedor do incrible poder da música que forma a historia da vida de cada un dos enfermos de Alzheimer e outras demencias. Segundo Oliver Sacks, "a música pode devolverlles a sensación de vida cando nada máis pode facelo". O seu libro axúdanos a entender a música como tratamento.

    Hoxe, 21 de Setembro, é o día mundial do Alzheimer. Como músico, inspíranme profudanmente organizacións como Music and Memory, nos EUA, que hai uns anos puxeron en marcha un proxecto de doazón de iPods para as clínicas e residencias de enfermos de Alzheimer e outras demencias. O caso de Henry, un enfermo de 92 anos, amósanos a máxica reacción producida ao escoitar a música do seu pasado… O vídeo está en YouTube e acumula case dous millóns de visitas.

    Para os que temos a enfermidade na casa, quizáis non é unha nova noticia, sabemos canto pracer a música poder dar aos nosos seres queridos coa enfermidade, e máis aínda se a música forma parte da súa vida pasada. Pero que é o que temos que facer para que os encargados do noso sistema educativo entendan o incrible poder da música na sociedade? Como podemos facerlles entender que sen música non hai vida? Que a música é a voz da nosa identidade emocional e cultural.

    Non esquezamos que, segundo Fagal, a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias, a enfermidade está a afectar en Galicia a máis de 96.000 persoas. E non esquezamos aos coidadores, familiares e persoal sanitario que cada día conviven cunha das enfermidades máis crueis e malentendidas da nosa sociedade… E sobre todo non esquezamos que, segundo a Sociedade Galega de Xeriontoloxía, aproximadamente un 40 % dos casos de Alzheimer en Galicia están sen diagnosticar.

    Imaxinemos agora unha Galicia na que a música é tomada en serio polas institucións, unha Galicia na que, nas escolas públicas, podamos ensinar aos nosos cativos a entender os valores universais que se transmiten coa música. Cousas tan sinxelas como ensinarlles a tocar as pezas que marcaron a vida dos seus avós… Imaxinemos como apoiar ese xesto podería transformar familias, xeracións e a nosa sociedade. Faríanos entender esa enfermidade e axudaríanos a valorar os efectos da música na sociedade. Imaxinemos agora que a educación artística e o seu poder de integración se converten nunha parte esencial do noso sistema educativo…

    Sirva esta columna bimensual para reivindicar este dereito.

    Gaiteira y pianista

    20 sep 2015 / 22:21
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito