Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Narf e Timbila Muzimba, diálogo musical e cultural este domingo no Principal

O Concello organiza esta actuación, na que se plasmará o resultado dunha colaboración entre o galego e os mozambicanos que dura xa máis de dez anos

O Teatro Principal acollerá o vindeiro domingo, 23 de outubro, ás 20:30 horas, un concerto conxunto de Narf e Timbila Muzimba. O Concello organiza esta actuación, na que se plasmará o resultado dunha colaboración entre o galego e os mozambicanos que dura xa máis de dez anos. A entrada é de balde, previa recollida na billeteira do Teatro Principal no horario de apertura do recinto.
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o concerto acompañado de Celso Eduardo Mahuaie, Cheny Wa Gune e Tinoca Zimba, tres dos integrantes de Timbila Muzimba. En representación de Narf, ausente na rolda por motivos persoais, interveu Marcos Teira, quen tamén participará coa súa guitarra no concerto. Todo eles convidaron o público compostelán a asistir a unha actuación especial, na que os ritmos mozambicanos se mesturarán co funk-rock da banda de Fran Pérez "Narf".

Marta Lois lembrou o carácter polifacético de Narf, que dende as súas raíces no rock decidiu afondar no intercambio e diálogo don artistas africanos coma Manekas Cosas (Guinea Bisau) ou Timbila Muzimba (Mozambique). Da colaboración con estes últimos naceron, dixo, "frutíferos encontros, e non só no musical, senón tamén no lingüístico, no espazo da lusofonía". De feito, lembrou que Narf lle puxo música a un poeta mozambicano, Xosé Craveiriño.

A relación con Timbila Muzimba plasmouse nun proxecto, Bumba, do que agora chega a segunda parte, enmarcada no proxecto Da Zigala a Zemambiquo, no que a música se combina co diálogo intercultural, a innovación musical e a tradición africana. Timbila Muzimba é un colectivo mozambicano de músicos e bailaríns fundado en 1997 en Maputo. As súa música é unha aposta por preservar a identidade cultural da etnia Machopi, á que pertence

19 oct 2016 / 17:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito