Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

OS NENOS DAS UNITARIAS E DA ESCOLA INFANTIL RECIBIRON A VISITA DE PAPÁ NOEL

Agasallounos con caramelos e repartiu abrazos entre os máis pequenos // Os alumnos do CRA xa falaran con el por videoconfencia a semana pasada

Papá Noel adiantou uns días a súa chegada a Valga para manter un encontro cos nenos do municipio e asegurarse de que na súa lista non falta ningún agasallo de todos cantos lle pediron os rapaces valgueses.

Santa Claus visitou esta mañá ao alumnado do Centro Rural Agrupado e da Escola Infantil Municipal. O seu percorrido pola vila na escola de Campaña e continou despois polas unitarias de Xanza, Forno, Ferreirós, Vilarello e Chenlo. Os nenos recibírono con moita ledicia e Papá Noel regaloulles caramelos, para edulcorar a espera ata Noiteboa. Tamén repartiu abrazos entre os nenos e os seus mestres, que xa tiveran a oportunidade de falar con el por videoconferencia a semana pasada.

Tralo seu paso polo CRA, Papá Noel desprazouse ata a Escola Infantil Municipal para coñecer aos valgueses máis pequerrechos, que tamén o recibiron cheos de ilusión, emoción e nervios.

21 dic 2019 / 08:58
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito