Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

NENOS DE VALGA CONVÉRTENSE EN INVESTIGADORES CO OBRADOIRO "BIOTECNÓLOGOS RESOLVEN UN CRIME NA BIBLIOTECA"

A actividade de divulgación científica tivo lugar onte na Casa da Cultura de Valga // As bibliotecas municipais organizan outros tres talleres na época de Nadal, os días 20 e 27 de decembro e o 3 de xaneiro

Onte cometeuse un crime na Casa da Cultura de Valga e un grupo de intrépidos rapaces acudiron para intentar resolvelo e averiguar quen estaba detrás do roubo dun valioso manuscrito.

O obradoiro “Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca” converteu aos nenos de Valga en detectives capaces de investigar aos sospeitosos, analizar probas e extraer ADN –neste caso duns chícharos– para descubrir ao culpable.

O taller, organizado polas bibliotecas municipais, correu a cargo de Manuel Vicente, responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega "Efervesciencia".

As bibliotecas teñen, ademais, programadas outras actividades para esta época festiva. O vindeiro venres, 20 de decembro, terá lugar un obradoiro de Nadal; o día 27 haberá un obradoiro de Reis; e o 3 de xaneiro celebrarase un taller de cartas aos Reis Magos.

Estas tres actividades terán lugar na biblioteca de Cordeiro de 17 a 18 horas. Diríxense a nenos a partir de cinco anos de idade, se ben os máis pequenos tamén poden asistir acompañados dun adulto que os axude.

21 dic 2019 / 08:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito