Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

No audiovisual distínguese 'O sabor das margaridas'

O programa Galego en Londres, elixido no apartado de proxección exterior

    Santiago. O Premio da Cultura Galega no audiovisual é para O sabor das margaridas, a primeira serie integramente en galego incluída no catálogo da plataforma Netflix. De seis capítulos, é unha produción de CTV, Comarex e TVG.

    A evolución dos personaxes é un dos avais máis significativos. A estética e beleza das paraxes naturais galegas, as subtramas que debuxan paulatinamente o escenario final, os xiros de guión inesperados, a sinxeleza dos diálogos e o nivel de intriga que conserva ata o final, manteñen o espectador pegado á pantalla.

    A serie foi escrita por Ghaleb Jaber Martínez e os guionistas Eligio Montero e Raquel Arias. Dirixida por Miguel Conde, está protagonizada por María Mera, Tony Salgado, Miguel Ínsua e Ricardo de Barreiro, e conta coa colaboración especial de Nerea Barros.

    Pola súa parte, o proxecto Galego en Londres, galardoado na categoría de proxección exterior, está desenvolvido por un grupo de alumnos de lingua e cultura galegas do Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, desde Primaria ata Bacharelato. Uns son nados en Galicia, outros galegos nados en Londres e outros queren saber máis de Galicia.

    As súas actividades supoñen un gran pulo ao coñecemento da nosa cultura fóra do seu ámbito xeográfico que a enriquecen.

    27 nov 2019 / 21:47
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito