Noia acolle mañá a presentación do audiolibro 'A+A'
A casa da cultura Avilés de Taramancos de Noia acollerá mañá, ás 20.00 horas, a performance e presentación do audiolibro A+A, que correrá a cargo do propio autor, Ricardo de Barreiro. Dende a Concellería de Cultura de Noia sinalaron que o evento está dirixido ao público adulto. A entrada será libre e de balde ata completar aforo, cuxa capacidade é de corenta persoas.
21 nov 2019 / 21:12
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito