Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Noia acolle este venres a preestrea do primeiro capítulo de 'Anacos de vida'

NOIA O Coliseo Noela acollerá este venres 18 de outubro, ás 20.30 horas, a preestrea do primeiro capítulo de Anacos de vida, gravado no municipio de Noia. Neste episodio recollen tanto a historia de Pepe Barrio, gran deportista e unha das persoas máis respectadas e queridas da localidade; como os preparativos da homenaxe ás dúas primeiras matronas da vila: Angelita Durán e Pepita "A Pola", organizada polo Concello noiés. Anacos de Vida é un programa de televisión de Arraianos Producións para a CRTVG centrado na recuperación da memoria gráfica e oral. Ideado e dirixido por Aser Álvarez e a citada produtora, o equipo percorre as diferentes vilas e aldeas da comunidade galega a bordo dunha máquina do tempo (trátase dun autobús de época) para descubrir pequenas e grandes historias que se agochan tras das fotos antigas dos arquivos familiares. Un programa que a CRTVG estreará o vindeiro sábado, ás 19.00 horas, e cuxo primeiro capítulo está gravado integramente na vila de Noia. Neste enlace poden descargar algunhas das imaxes antigas que aparecen no episodio: https://we.tl/t-CR3PJR1BHI?src=dnl.

15 oct 2019 / 21:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito