Noia habilitará un refuxio para animais abandonados
NOIA O Concello de Noia traballa na habilitación dun refuxio para animais abandonados no municipio. O alcalde, Santiago Freire, e a concelleira de Medio Ambiente, Ángela Neri Arufe, achegáronse o venres ata as dependencias da Agrupación de Protección Civil noiesa, no polígono de Augalevada, para valorar a posibilidade de instalar o albergue a carón destas instalacións. "Estamos avaliando distintas alternativas para poder así presentarlle unha proposta á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, coa que manteremos unha reunión de traballo a próxima semana", explicou o rexedor. Na actualidade, as citadas dependencias contan con dous canís onde se recollen temporalmente os cans abandonados na localidade.
27 abr 2019 / 22:19
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito