Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ANA CAMIÑO, AVOGADA

“O noso sistema penitenciario ten moitísimos problemas para a reinserción”

O debate xurídico sobre a prisión permanente revisable no Congreso “estivo ausente da maioría das intervencións”, afirma a avogada. “A utilización dos sentimentos dos familiares das vítimas resultou vergoñosa, e de xeito evidente, fóra de lugar e totalmente improdutiva. Presentar a PPR como unha compensación para as vítimas dos delitos aos que se lle aplica é erróneo. Porque o fin “é a reeducación e reinserción do delincuente”

A sociedade enteira está a falar da prisión permanente ­revisable (PPR), pero realmente sabemos o que significa este concepto xurídico?

Realmente non. Moita xente que fala do tema non sabe como se aplica, pensa que é meter o reo en prisión e tirar a chave. É unha pena de prisión que se pode impoñer só en delitos moi graves (actos contra a Coroa, de xenocidio, de lesa humanidade, terrorismo...). A diferenza con outras penas de prisión é que para que o xuíz considere que está cumprida a condena, a persoa ten que demostrar que está capacitada para reinsertarse cumprindo determinados prazos. É dicir, nas outras condenas, simplemente con pasar o prazo que se lle impón, xa está.

Moita xente asóciaa coa cadea perpetua.

Claro, como non ten un prazo máximo..., pero nada máis lonxe da realidade porque cando o condenado pode demostrar que está preparado para volver á sociedade, esa pena acábase.

Unha cousa é a pena que se pon e outra é a execución. É dicir, que unha persoa sexa condenada no significa que teña que estar no cárcere porque pode acceder a ­beneficios penitenciarios -permisos de saída, terceiro grado, liberdade condicional- e durante ese tempo está cumprindo.

Na prisión permanente revisable os permisos de saída comezan só tras cumprir efectivamente oito anos de prisión.

Para acceder ao terceiro grao, teñen que darse quince, dezaoito ou vinte e dous anos de cumprimento efectivo, ­dependendo de se existen outras condenas.

Por outra parte, a liberdade condicional chega aos vinte e cinco ou trinta anos de cumprimento efectivo.

O cumprimento dáse unha vez transcorrido un prazo mínimo de cinco anos e máximo de dez anos desde que se acordou a liberdade condicional, e completándose un período de cumprimento efectivo de vinte e cinco ou trinta.

Ten que demostrar que está reeducándose e está en vías de reinserción. Cal é o tema? Os presos normais se non fan nada por reinsertarse, acaban saíndo de prisión igual.

Incluso antes de tempo.

Para saír antes si que teñen que ter un comportamento positivo e activo de reinserción, que será real ou non.

Pero dos 60.000 internos que hai nos nosos cárceres, os que fan traballo remunerado son 12.000 e ademais non hai que ir a terapia de maneira obrigatoria.

Non, pero se queres obter beneficios penitenciarios si estás obrigado a ir terapia.

Co cal, para o reo, a prisión permanente revisable non supón vantaxes.

Supón vantaxes, por exemplo, en casos moi concretos. Trashorras foi condenado a 34.000 anos de prisión polos atentados do 11M. O Tribunal Supremo rexeitou a súa petición de acollerse á prisión permanente revisable xa que podería beneficiarse dunha redución de condena.

En principio esta lei só se pode aplicar aos delitos cometidos despois de 2015, que é cando está en vigor. Se a lei penal nova é máis beneficiosa para as personas que xa están condenadas por outra lei, poden pedirlle ao xuíz que se lle aplique a lei actual que lles resulta máis beneficiosa.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 mar 2018 / 22:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito