Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova edición en Porto do Son de O Galego Campa

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a secretaria xeral de Igualdade, Susana Abella e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentarán hoxe no campamento xuvenil Virxe de Loreto de Porto do Son a iniciativa de dinamización lingüística O Galego Campa. Este programa chega a súa oitava edición, e as súas actividades estarán dirixidas a sensibilizar á mocidade participante sobre medidas para evitar a violencia de xénero. A iniciativa chegará a máis de 1500 rapaces, o que supón un escenario idóneo para que a sensibilización contra actitudes violentas e a promoción da igualdade entre sexos teña repercusión da man do uso do galego como idioma vehicular.

    21 jul 2019 / 21:59
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito