Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 23 mayo 2024
20:39
h

A Nova Ola do cinema galego segue viva e suculenta no Chanfaina Lab

Curtas tan saborosas como chicharróns na cita organizada polo Concello de San Sadurniño // Máis de vinte autores rodaron pezas sobre a historia e cultura das sete parroquias

Pregunta existencial para calquera galego: con que parte do porco gozamos máis? Morremos polos tenros solombos, loitamos por un prato de raxo con patacas fritas, imos á guerra por un bo churrasco. O animal máis humilde e campesiño ofrece os máis suculentos manxares. E o mesmo acontece co cinema galego, pobre en financiación pero sumamente apetitoso en creatividade. Porque Galicia tamén conta coa súa propia Nouvelle Vague ou Free Cinema. Con realizadores que narran historias entre leiras e cidades costeiras. Esa sorte de Nova Ola participa dende setembro na Chanfaina Lab de San Sadurniño: con máis de vinte creadores realizando curtas sobre as sete parroquias do concello. E este sábado, amosarán as súas pezas saborosas como chicharróns na propia Casa da Cultura.

A chanfaina xa bautiza unha festa gastronómica deste pobo de Ferrolterra, onde se aproveitan as partes menos nobles do porco para facer unha especie de chorizo de pobres. Ese espíritu agrario persiste na cita cinéfila de hoxe. Segundo indica o Concello, organizador do I Chanfaina Lab, "as nosas xentes, paisaxes e historias aparecen pasados polo tamiz dunha vintena de realizadores". As rodaxes desenvolvéronse entre os días 6 e 7 de setembro. E esta tarde, a partir das 18.30, poderemos ver os resultados.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 ene 2015 / 19:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito