Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
elos de lectura

Nova proposta de Galaxia

Xesús Fraga mergúllase no universo do graffiti como medio de expresión da identidade e vía de escape da adolescencia

    Reo é unha das novas propostas que vén de tirar do prelo a Editorial Galaxia para a infancia e a xuventude; un título que engrosa a súa colección "Costa Oeste", xa ben nutrida de convincentes narrativas.

    O xornalista e escritor Xesús Fraga (Londres, 1971), que xa despuntara con algún título anterior como Solimán –co que se fixo co Premio Rubia Barcia-Cidade de Ferrol 2013- ou, no eido da literatura para adolescentes, O elefante branco –gañador do Premio Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º da ESO en 2014-, sorprende desta vez con esta novela que resultou gañadora do Premio Raíña Lupa de literatura xuvenil 2013.

    Reo é un rapaz calquera dun barrio calquera, "un ninguén", -en consciente homenaxe ao Balbino de Memorias dun neno labrego e co protagonista do clásico de Salinger como referencia constante, coma ten declarado o autor da narración nalgunha ocasión-. E o que fixo Xesús Fraga foi explotar unha temática moi atractiva que atraerá o lectorado mozo, seducíndoo dende o primeiro momento.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    08 ene 2015 / 20:59
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito