Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 14 agosto 2020
13:21
h

A orquesta municipal de cámara ofreceu un concerto reivindicativo contra a violencia de xénero

María Rodríguez, Lucía Rey, Mencía Suárez e Rosalía Muíño leron un manifesto e repartiron lazos violetas entre o público // Mañá a partir das 10 horas celébrase no CODI un acto institucional ao que está convidada toda a veciñanza

    A Orquestra de Cámara Municipal de Valga, dirixida por Manuel Villar, ofreceu onte no Auditorio o concerto "Música contra a violencia" como parte da campaña de sensibilización con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

    Durante o concerto María Rodríguez, Lucía Rey, Mencía Suárez e Rosalía Muíño leron un manifesto en contra da violencia machista e abogaron por utilizar a música, como linguaxe universal, para reivindicar defender a igualdade en todos os ámbitos da sociedade e, en particular, para loitar contra as agresións machistas. Como exemplo recitaron a letra da canción "La puerta violeta", de Rozalén, un himno contra a violencia machista co que quixeron lanzar unha mensaxe de esperanza ás vítimas para que consigan saír desa situación.


    Tamén se repartiron, entre o público, lazos de cor violeta.


    Mañá luns, 25 de novembro, terá lugar un acto institucional contra a violencia de xénero a partir das 10 da mañá no CODI. Lerase un manifesto, realizarase unha declaración institucional e gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia de xénero.


    O Concello convida a toda a veciñanza e asociacións de Valga a participar neste acto.

    24 nov 2019 / 21:35
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito