Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 11 agosto 2020
09:03
h

Ortoño sorprende cunha panxolina que inclúe vídeo en terras amesás e galegas

Participaron preto de 150 persoas e recolle á sacra familia na súa busca dun pesebre

    O coro e os nenos que participan nas actividades da Parroquia de Ortoño (Ames) gravaron unha panxoliña e aspiran a facela viral, igual que o vídeo que xa circula polas redes e no que, segundo o párroco José Luis Dorelle, "influíuse na sacra familia para que o neno nacese en Ames". A súa intención é facer viral a obra audiovisual, que se pode ver en Internet (https://youtu.be/BSVAi57PW7Y).

    Segundo as mesmas fontes, ese coidado proxecto mobilizou a unhas 150 persoas, entre pais e nenos da zona "que participan nas actividades da parroquia e nas catequeses", explicaba. A panxolina é unha creación de Héctor Rial, e a voz principal é a de Sofía Rial.

    Trátase da segunda vez que poñen en marcha unha iniciativa de época deste calado, e segundo persoas que tomaron parte na elaboración do proxecto navideño, levoulles todo o mes de novembro rematala. A parroquia de Ortoño, que inclúe á capital municipal, Bertamiráns, ten na actualidade preto de 11.200 persoas residindo.

    03 dic 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito