Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
{ UNIVERSIDADE }

Pasa con nota a USC o ranquin THE que a sitúa á cabeza en Artes e Humanidades

    A edición 2020 de Times Higher Education (THE) por áreas de coñecemento sitúa a USC como unha das mellores universidades do mundo no eido das Artes e Humanidades. A Universidade compostelá figura no intervalo 301-400 nunha listaxe para cuxa elaboración se teñen en conta indicadores de rendemento similares aos da clasificación global recalibrándoos para adaptarse aos campos específicos.

    Na clasificación correspondente a Arte e Humanidades, tal e como informa a Universidade de Santiago nunha nota de prensa, están englobados os estudos relativos a arte, artes escénicas, lingua, historia, filosofía, teoloxía, arquitectura ou arqueoloxía, entre outros. A clasificación está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia, investigación, citacións, proxección internacional, e transferencia de coñecemento, ordenados por importancia relativa.

    De entre 1.400 universidades de 92 países, o ranquin THE situara o pasado setembro, na súa clasificación global, a USC entre as mellores institucións universitarias do mundo, nomeadamente no intervalo 601-800, mantendo así a posición alcanzada nos últimos tres anos.

    Índice de citacións, transferencia de coñecemento ou dimensión internacional son os aspectos mellor valoradas da Universidade de Santiago por THE. De España, esta clasificación recolle un total 45 universidades.

    101-125INTERVALO no que este mesmo ranquin sitúa a USC na clasificación coas mellores institucións universidades europeas segundo a súa dimensión docente e formativa. Esta listaxe basearíase en boa medida nos resultados da enquisa realizada por Times Higher Education (THE) entre máis de 30.000 estudantes universitarios

    02 oct 2019 / 21:37
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito