Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 16 mayo 2021
02:17
h

Pecha hoxe o prazo para anotarse na 37.ª Carreira Pedestre da Amaía

Cerca de 300 atletas confirmaron xa a súa presenza na cita deste sábado

    Santiago. Un total de 293 persoas, 77 adultos e 216 escolares, xa formalizaron a súa inscrición na 37.ª Carreira Pedestre da Amaia, que terá lugar este sábado na Carballeira de Santa Minia. Incluída no Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, as inscricións poderán formalizarse ata as 14.00 horas de hoxe a través da web www.carreirasgalegas.com.

    As inscricións dos adultos custan 5 euros, mentres que as dos menores de 12 anos son de balde. En vista do éxito conseguido na edición anterior, na que participaron un total de 431 atletas, a organización da proba decidiu manter o mesmo circuíto, de 4,75 km e con saída e chegada na Carballeira de Santa Minia, ao que se darán dúas voltas. A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.


    Premios. A carreira repartirá máis de 1.000 euros en premios e agasallará a todos os participantes con camisetas técnicas conmemorativas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 200, 170 e 150 euros, respectivamente. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das oito categorías establecidas pola organización. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

    30 sep 2019 / 21:34
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito