Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pedro Nimo, un embaixador de luxo na XIX Pedestre Concello de Ames, o día 21

ATLETISMO A Concellaría de Deportes, xunto cos colaboradores e o embaixador da proba, Pedro Nimo, presentaron onte a decimonovena edición da Carreira Pedestre do Concello de Ames, que vaise desenvolver pola contorna da localidade de Bertamiráns o vindeiro domingo, 21 de outubro, a partir das 10:30 horas.

A proba conta cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O percorrido irá dende os 200 metros ata os 10 quilómetros dependendo das categorías, un total de 18.

Como novidade este ano, tamén recibirán trofeo os tres primeiros clubs da carreira absoluta. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o día 17 de outubro. Onte había preto de 300 persoas inscritas.

Esta proba pertence ao VI Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. Nesta iniciativa tamén colaboran outras entidades como a Deputación da Coruña, a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, a cafetería Don Budi, Gadis, Serviplus, Los Angeles Gas, GST Telecomunicacións e Banco Sabadell. A saída e chegada das probas faranse na rúa Alcalde Lorenzo.

09 oct 2018 / 22:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito