Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Pleno aproba a conta xeral do exercicio 2018 cun superávit de 337.857,21 euros

Estes fondos serán incorporados ao orzamento deste ano 2019 // “O Concello de Valga ten débeda cero”, explicou o alcalde durante a sesión extraordinaria

    A Corporación municipal debatiu onte nun Pleno extraordinario e urxente a conta xeral correspondente ao exercicio 2018. O orzamento do pasado ano pechouse cun superávit de 337.857’21 euros, segundo explicou o alcalde, José María Bello Maneiro, durante a sesión. Estes fondos, anunciou, serán incorporados ao orzamento de 2019.

    O orzamento do pasado ano ascendía a 5,4 millóns de euros e o capítulo de ingresos pechouse en 5.391.983’ 47 euros. En canto ao capítulo de gastos, a conta xeral pechouse en 5.090.039’70. Bello Maneiro incidiu na xestión equilibrada dos orzamentos que se realiza no Concello de Valga, que “ten débeda cero”.

    A conta quedou aprobada cos votos a favor do grupo de goberno.

    17 oct 2019 / 01:06
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito