Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Poucas mulleres na Academia Galega

As numerarias representan o 23% do Pleno // A primeira foi elixida no 1945 e despois houbo unha longa paréntese de catro décadas sen nomeamentos

Chus Pato lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG) en setembro. Será a novena muller que entra a formar parte da institución desde que se fundou en 1906 e compartirá cadeira de número con Rosario Álvarez Blanco, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Luz Pozo Garza, Xohana Torres Fernández e Marilar Aleixandre. Composto por 30 persoas, elas apenas supoñen o 23% do Pleno.

“É un número pequeno. En todas as academias do mundo, non só na galega, as mulleres non contan cunha representación proporcional á que teñen na vida social e cultural”, critica Aleixandre. Escritora, bióloga e catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago (USC), a súa incorporación materializouse o pasado xaneiro e foi a máis recente. “Somos o 50% da poboación. As que escribimos e investigamos estamos tamén bastante cerca desa porcentaxe. Co cal, un horizonte aceptable é que na RAG houbese 15”, advirte a tamén tesoureira da Academia.

En 1945 a institución elixe membro numerario a Francisca Herrera Garrido, a primeira muller merecedora desta distinción. Faleceu antes de ler o seu discurso de ingreso, pero non se lle quitou o mérito. Aínda que namentres eran moitas as que continuaban investigando ou escribindo as súas obras literarias, pasaron 41 anos ata que outra intelectual ocupou unha cadeira na RAG. Sería a ourensá Olga Gallego Domínguez. “Durante a metade da súa existencia o peso da muller na Academia foi cero”, continúa Aleixandre.

Queda moito por facer, pero semella que o escenario comeza a dar lentamente un xiro. Ademais de elexir a María Victoria Moreno como homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018, o Pleno deu o visto bo semanas atrás ao nomeamento de académica de honra a Marina Mayoral e académicas correspondentes a Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova.

Helena Villar Janeiro, escritora:“Paréceme moi ben que sefeminicen as institucións”

Nada en Becerreá en 1940, é unha das figuras máis destacadas da cultura galega tanto pola súa dedicación á literatura como ao ensino: foi unha das pioneiras da literatura infantil en galego. Poeta, narradora, ensaísta, tradutora e articulista, a súa obra é numerosa e, en parte, está traducida a outras linguas. Foi cofundadora do PEN Club de Galicia.

“Nunca tiven no horizonte da miña vida formar parteda RAG”, confesa Helena Villar Janeiro, nomeada académicacorrespondente semanas atrás. Non sen amosar o seu agradecementoao plenario, a autora amosa a súa satisfacción porpertencer “a unha das máis honrosas institucións que temose que nos representa como pobo” e comprométese a “seguirtraballando pola lingua” desde o espazo que se lle asigna noportal da RAG. Segundo a escritora, a entidade tivo “unhaapertura relativamente forte” nos últimos anos, algo importantesen lugar a dúbidas á hora de outorgar máis protagonismoás mulleres que teñen os méritos suficientes para estaraí. “Está moi ben que se feminicen as as institucións porqueo mundo non pode negar que representamos o 50% da poboación”,advirte.

Helena Zernova/ Profesora na Univ. de San Petersburgo

Doutora en Filoloxía Española, Zernova (San Petersburgo, 1951) a súa traxectoria académica está marcada por unha intensa actividade de promoción da lingua e da cultura galega en Rusia a través da súa actividade nesta institución. Ten publicados 14 volumes nos que verteu ao ruso textos de Rosalía, Castelao ou Cabanillas.

Olga Castro / Profesora de estudos de tradución na Univ. de Aston

Licenciada en Xornalismo pola USC e doutora pola Universidade de Vigo cunha tese sobre intervencións feministas na tradutoloxía galega, Castro (Lugo, 1980) é especialista na interacción entre xénero, linguaxe e tradución. É autora de Feminist Translation in a Transnational World ou Insights from Galicia Studies (en proceso).

Marina Mayoral/ Novelista e catedrática xubilada de Literatura Española

Novelista e columnista premiada, Mayoral (Mondoñedo, 1942) é autora dunha destacada obra sobre Rosalía de Castro. Como escritora, asina máis de 20 títulos. Algúns deles, publicados orixinalmente en galego, ademais de moi reeditados, foron traducidos a varios idiomas. É o caso de Unha árbore, un adeus ou Chamábase Luís.

Kirsty Hooper/ Profesora de Estudos Hispánicos na Universidade de Warwick

Licenciada en Linguas Modernas pola Universidade de Oxford e alumna do académico de honra John Rutherford, Hooper (Watford, 1975) é unha das responsables de verter ao inglés Cousas de Castelao. Agora investiga o peso que tiveron en Liverpool as comunidades galega, vasca e española, entre outras, desde o século XIX ata hoxe.

Helena González/ Profesora de Lingua Galega na Univ. de Barcelona

Directora do Centre de Recerca ADHUC-Teoria, Gènere, Sexualitat, González (Vigo, 1967) veu centrando as súas liñas de investigación na crítica literaria feminista, a cultura popular, a literatura contemporánea e as relacións culturais entre Galicia e Cataluña. É coeditora de monografías como Canon e subversión.

08 jul 2017 / 18:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito