Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 29 mayo 2020
02:21
h

Premian a excelencia do estudo Moai e do supermercado A Tenda de Pepa

    Os socios da patronal de Boiro elixiron cos seus votos aos gañadores dos III Premios á Excelencia Empresarial. Na categoría de Mellor Comercio, o vencedor foi o supermercado da marca Claudio A Tenda de Pepa, que abriu as súas portas en setembro de 1970. Na de Mellor Empresa, o galardón é para Studio Moai, un proxecto de Moisés Picón, arquitecto de interiores, e varios colaboradores que están en continua búsqueda de novos retos profesionais.

    En total recibíronse 327 votos válidos. Na modalidade do sector comercial recibiron apoios 36 establecementos diferentes, e na do ámbito empresarial, 33. En canto ás seguintes firmas máis valoradas, por detrás de A Tenda de Pepa (que obtivo 19 papeletas), quedaron The Desire Shop (14) e Cetárea Ángel Mar (12), mentras que por detrás de Studio Moai (22) figuran Ginlab (12) e Restaurante Moanin (12).

    A entrega dos premios terá lugar mañá xoves día doce ás oito e media da tarde na sede do colectivo, e aproveitarase para celebrar a recente concesión do accésit do Premio Nacional de Comercio ó Centro Comercial Aberto da entidade empresarial. Asimesmo, proxectarase o vídeo realizado para a entrega do mesmo en Madrid, á que acudirán o alcalde, José Ramón Romero, e o presidente da Asociación Boirense de Empresarios, Daniel García.

    11 dic 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito