Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
doutor pola USC

Premian un traballo de estatística e investigación operativa Eduardo García Portugués

Eduardo García con Leandro Pardo, presidente da Sociedade de Estatística e Investigación Operativa no momento de recibir a medalla do premio Ramiro Melendreras

O doutor pola USC Eduardo García Portugués recibiu o premio Ramiro Melendreras ao mellor traballo presentado por un investigador novo no XXXV Congreso Nacional de Estatística e Investigación Operativa celebrado en Pamplona a finais de maio. García Portugués, que traballa actualmente cun contrato posdoc no Departamento de Ciencias Matemáticas e no Centro de Bioinformática da Universidade de Copenhague, desenvolveu a súa tese no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Matemáticas da USC

No seu traballo ‘Nonparametric testing in linear-directional regression, with application to protein structure inference’ preséntase unha anovadora aplicación dos métodos nonparamétricos para datos direccionais a datos de proteómica. O estudo forma parte da tese que lle dirixiron os docentes da USC Rosa Crujeiras Casais e Wenceslao González Manteiga e dunha estancia de investigación coa profesora Ingrid Van Keilegom no Institute of Statistics, Biostatistics and Actuarial Sciences da Universidade Católica de Lovaina (Bélxica).

O Premio Ramiro Melendreras recoñece a labor de novos investigadores no ámbito da Estatística e da Investigación Operativa, e convócase cada ano e medio co gallo dos congresos nacionais da Sociedade Española de Estatística e Investigación Operativa.

04 jun 2015 / 12:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito