Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Premio da Real Sociedade de Química a Javier Montenegro

O investigador da USC Javier Montenegro ven de recibir un dos cinco premios anuais que concede a Real Sociedade Española de Química (RSEQ) para recoñecer a proxección demostrada por químicos novos ao comezo das súas carreiras independentes. O galardón ‘Novo Investigador Sigma-Aldrich’ 2018 a Montenegro, investigador Ramón y Cajal responsable do proxecto europeo ‘DYNAP’ e líder dun proxecto de investigación transnacional en química biolóxica financiado polo programa global Human Frontier Science Program (HFSP), avala a súa traxectoria recente, que nos últimos anos destacou por éxitos científicos notables, como a obtención dunha das competitivas axudas europeas do Consello Europeo de Investigación.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

16 may 2018 / 22:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito