Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Preocupación no CCG pola pérdida de galegofalantes na comunidade

Reprocha á Xunta que algúns dos seus representantes non usen o idioma galego

    A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, sinalou que "ve con preocupación" a perda de galegofalantes e recriminou a "algúns representantes políticos" da Xunta a súa falta de uso. "Sempre estamos a falar de loitar pola perviven- cia do idioma. Diciámolo hai 50 anos e seguímolo dicindo agora. Por aquel entón tiñamos moitas esperanzas, que parecían ben fundadas, en que o autogoberno e a recuperación dos dereitos lingüísticos ían supoñer unha quebra na perda de falan- tes que o idioma tiña, que era moito menos signifi- cativa do que se percibe neste momento", asegurou Álvarez nunha entrevista en RNE recollida pola axencia Europa Press.

    Neste sentido, a presidenta do Consello apuntou que "é motivo de preocupación" que, a pesar do autogoberno e da implementación de medidas a favor do galego non se interrompeu a "sangría" de falantes. Así mesmo, Álvarez asegurou non ser "pesimista" con esta situación. "Estamos en condicións de saber que é o que lle pasa ao paciente e como o podemos coidar", engadiu. Preguntada polo uso do galego por parte do Goberno autonómico, explicou que "o compromiso non é igual por parte de todos". Así, declarou que por parte de "algunhas instancias da Xunta e algunhas persoas que serven de portavoz á Xunta hai un compromiso sincero co idioma". "Non podo dicir que sexa o mesmo para todas as persoas. Moitas veces non é raro ver algúns dos representantes políticos falando castelán de forma innecesaria, dirixíndose dentro desta sociedade", dixo.

    Emigración

    ••• Rosario Álvarez sinalou que o CCG quere relanzar "a idea de crear o Gran Museo da Emigración". "Non está dentro das nosas competencias e posibilidades crear o Museo da Emigración. Terá que ser a comunidade quen o faga e nós imos ofrecer os elementos básicos do proxecto, que aspectos debería contemplar para que esa idea fose unha realidade", aclarou. En canto ao Xacobeo 2021, apuntou que o CCG quere que sexa "unha gran festa cultural", así como "un escaparate" da cultura galega cara a todo o mundo, para que saiban que Galicia é unha potencia cultural do século XXI".

    20 ene 2019 / 21:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito