Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 11 agosto 2020
01:01
h

Presentada 'Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)', de editorial Xerais

LIBRO O compostelán P­azo de San Roque acolleu onte a presentación da obra Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994). Estudos e lembranzas sobre a vida e obra do helenista e poeta, nun acto que contou co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

É volume que dá ao prelo Edicións Xerais co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a coordinación de Stella Maris González Balbuena (filla do autor) e Xosé Abilleira.

García destacou "a importancia do relevante helenista e latinista que se ocupou da tradución ao galego de textos literarios en grego, tanto clásico coma moderno, e latín; faceta na que acometeu con enorme éxito o proxecto colosal de verter por primeira vez á lingua galega dous grandiosos monumentos da literatura universal como son a Ilíada e mais a Odisea".

Participaron canda el na presentación o director editorial de Xerais, Fran Alonso; a coordinadora da obra; o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o profesor e académico da lingua Xesús Alonso Montero.

19 nov 2019 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito