Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentan en Donostia ‘Nimbos/Argi-koroak’

    Santiago. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou onte en Donostia Nimbos/Argi-koroak, a edición bilingüe galego-éuscaro da obra díazcastriana coa que a Xunta de Galicia pecha a ampla programación de actividades e de proxectos postos en marcha co gallo da celebración das Letras Galegas 2014, dedicadas a Xosé María Díaz Castro.

    O encargado de dar a coñecer esta coedición que sae do prelo no marco da colaboración entre os gobernos galego e vasco, foi o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen compareceu onte pola mediodía ante os medios de comunicación na sede do Goberno Vasco en Guipúscoa, acompañado por Patxi Baztarrika, viceconselleiro de Política Lingüística, e mais por José María Díaz Zubizarreta, un dos fillos do autor guitiricense.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    16 dic 2014 / 20:53
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito