Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
{ tribuna libre}

O prezo das mortes en Siria

    NON COÑEZO A FONDO o que hai detrás do conflito Sirio, son mais rojillo ca ianqui, iso sen dubida, mais prosovietico, pero todo iso penso que e absolutamente irrelevante para o que vou a plantexar. Considérome antes que nada científico, non polo título que debería colgar nalgunha parede da miña casa, senón mais ben por unha tendencia natural a tratar de entender o funcionamento do medio no que un se move, sexa físico ou ideal. A miña condición científica fai que me sorprenda ante os feitos que escapan a lóxica, a razón, e vendo as noticias a miña sensibilidade social aínda mandou algunhas sinais de vida (non digo eu que isto me alegre especialmente, pero eche o que hai). O feito concreto foron as declaracións ante a ONU dunha americana (si, era muller, e o meu machismo xa e lexendario), nas que non cheguei a entender todo o que dixo, pero o que dicía o tradutor era máis ou menos que bueno…, si, os americanos matamos, pero como vos atrevedes a dicir isto vos, soviéticos perversos, que matades moito mais ca nos (e Gila que se remexe na tumba). Vale, a vista disto, eu, como científico, plantexome como encaixar estas verbas, esta actitude, na miña concepción lóxica da realidade. O problema admite perspectivas ben diversas, un xa sospeita que decisións do calado dun bombardeo poden tomarse atendendo a criterios así de infantís, pero mira, ollos que non ven…, pero claro, que se permitan explicitalo desta maneira fai que un se plantexe se aquí pasou algo, un cambio de dimensión, un salto no tempo, ¿Que foi o que pasou?. ¿Que se nos quere dicir exactamente con isto? que o feito de que se mate unhas ducias de sirios depende do cabreado cos rusos que se levante algún americano, ou dun saldo de vidas, dunha cota, se vos matades moito despois tócanos matar a nos, ¡eh!. Por outra banda, ¿por que os medios emiten estas cousas?, vale que o periodista ten que comer, pero ¿xa chegamos a este nivel de indecencia, a este punto no que todo parece valer?. ¿Ten algunha utilidade social publicar estas obscenidades ou e o froito de deixar que as cousas vaian indo, aferrándose a aquelo de que unha cousa leva a outra, e malo será.. etc.?. Vale, que Siria está moi lonxe e a distancia é unha variable clave a hora de avaliar o impacto dunha noticia na conciencia das persoas, pero…, joer…, disimulemos un pouco. Para a miña condición científica sigue habendo algo socialmente aberrante en que Diana, con todos os respectos que me merece a vida de calquera ser humano, ocupe moitísimas mais paxinas de periódico que todos os sirios que morren a diario.
    (*) O autor é profesor de Matemáticas na Facultade de Económicas da USC

    19 sep 2016 / 21:25
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito