Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Proban a existencia dunha linaxe xenética da área vasca

Parte da poboación franco-cántabra é portadora dunha secuencia exclusiva, según un estudio do Instituto de Medicina Legal da USC

    Os resultados dun traballo desenvolvido no Instituto de Medicina Legal (IML) da Facultade de Medicina da USC demostran a existencia dunha liñaxe ou secuencia xenómica que se concentra case exclusivamente entre os habitantes da rexión franco-cántabra, cun foco principal que se podería situar na área de influencia vasca, distribuída na actualidade entre as rexións de Cantabria, País Vasco, Navarra e mais a Aquitana francesa.

    O artigo, coordinado polo investigador do IML Antonio Salas Ellacuriaga e no que tamén participou outro dos membros deste centro, Alberto Gómez-Carballa, acaba de ser publicado na revista estadounidense PLoS One, unha das principais publicacións científicas do mundo en volume de artigos e grao de difusión. Científicos das universidades de Pavia e Perugia, en Italia, e de Haifa en Israel tamén fixeron as súas achegas a este traballo.

    "Que a Historia se escribe tamén no ADN é un feito coñecido para os xenetistas", asegura Antonio Salas. Hai uns anos o Instituto de Medicina Legal xa presentara na mesma revista un artigo no que se daba a coñecer o achado dunha liñaxe coñecida como H2a5, que aparentaba ter a súa orixe no País Vasco.

    Más información en El Correo Gallego en Orbyt

     

    19 mar 2012 / 19:51
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito