Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O profesor Senén Barro detallou a situación actual da intelixencia artificial

Participou no ciclo Encontros na Eira xunto con outros investigadores locais

    "Ante a súa máis que previsible omnipresencia na totalidade dos eidos do saber e os sectores produtivos, a intelixencia artificial (IA) xa foi descrita por algúns teóricos como a electricidade do século XXI". Así se expresaba onte o profesor Senén Barro, investigador do CiTIUS e exreitor da Universidade de Santiago (USC) ao termo da súa intervención no encontro promovido polo colectivo responsable do ciclo Encontros na Eira, que reuniu a numerosos expertos da área no centro de investigación compostelán.

    Tras unha benvida do seu director, Paulo Félix, a alocución de Barro inaugurou a xornada poñendo en contexto a situación actual da IA, para amosar a continuación ante directivos TIC de empresas e administracións públicas de Galicia as principais liñas de traballo do grupo de investigación que lidera no CiTIUS, un dos referentes na materia a nivel nacional: o Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI).

    A xornada despregou unha serie de contidos de vocación aplicada, poñendo especial énfase naquelas tecnoloxías con meirande impacto potencial, non só no referente ao tecido produtivo, senón tamén en aspectos transversais que afectan á sociedade no seu conxunto.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    19 oct 2018 / 22:12
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito