Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Publícanse dúas pezas teatrais de Valle-Inclán traducidas ao galego

O Centro Dramático Galego agrupounas baixo o título ‘Martes de Carnaval’

    Santiago. A tradución ao galego das obras teatrais de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán, agrupadas baixo o título Martes de Carnaval, conforman o segundo volume da colección editorial O papel do teatro, promovida polo Centro Dramático Galego (CDG) para darlle difusión ás versións dos textos dos seus espectáculos.
    Manuel Cortés asina a tradución das dúas pezas cumio do esperpento, cuxa publicación cobra o valor engadido de incorporar a obra do autor arousán ao corpus dramático galego, no ano no que a súa produción literaria pasa a ser patrimonio universal e, por tanto, libre de ser traducida a calquera idioma.
    Do mesmo xeito que xa se fixera co primeiro número da colección, o Tartufo de Molière, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Edicións Positivas asumen en réxime de coedición a publicación deste volume.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    07 jul 2017 / 20:19
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito