Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Queixa ante a valedora pola perda de docencia en galego na Secundaria

A Mesa e CIG-Ensino denuncian que o alumnado recibe ata trece horas máis en castelán polas modificacións da Lomce

Os cambios introducidos pola cuestionada Lei Orgánica de Mellora da Calidade do Sistema Educativo (Lomce) van moito máis alá das reválidas, aínda que estas teñan acaparado a meirande parte dos titulares sobre a reforma escritos nos últimos meses. A Lomce afecta tamén, entre outras cuestións, ao tema lingüístico. Porque coa nova lexislación, o alumnado da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ten 31 horas en castelán fronte a 18 en galego se cursa ensinanzas aplicadas, e 21 se optou polas ensinanzas académicas. “Esta distribución horaria dá como resultado que na ESO o alumnado reciba 13 horas menos de docencia en galego que en español, na modalidade de ensinanzas aplicadas, 10 menos nas académicas”, denunciou onte Anxo Louzao, secretario nacional do sindicato CIG-Ensino.
Louzao acudiu onte á sede do Valedor do Pobo xunto co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, para poñer unha queixa sobre esta situación de “discriminación” do idioma. Louzao e Maceira denunciaron que a entrada en vigor da Lomce –coa conseguinte modificación dos currículos da ESO e da carga horaria das materias– deu lugar a un desequilibrio “aínda maior” da lingua galega, prexudicada xa, na súa opinión, polo decreto do plurilingüismo aprobado polo Goberno Feijóo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

12 dic 2016 / 20:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito