Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Queizán ou a liberdade como único leitmotiv

A escritora e activista recibiu onte en Santiago o recoñecemento do PEN

    En abril de 1977, lembrábao onte Luís G. Tosar, María Xosé Queizán participaba canda unha presada de escritores galegos, todos homes, –Blanco Amor, Cunqueiro, Dieste, Celso Emilio, Novoneyra, Bernardino Graña, Luís Seoane e Paz Andrade, entre outros– nunha reunión na facultade de Filoloxía da USC, no vello predio de Mazarelos. Esa asemblea teimaba en dotar as letras galegas dun centro PEN propio. Non puido ser daquela: os concorrentes negáronse a integraren unha delegación do PEN español, que non recoñecía a singularidade nacional da lingua e da literatura galega. Pero a semente do futuro xa fora deitada.

    En moitas ocasións María Xosé Queizán (Vigo, 1939) debeu sentirse como naquela xuntanza nos salóns do ILG: unha muller soa a batallar nun mundo de homes. Esa voz, que axunta nela a das outras mulleres ausentes dos centros de decisión, é a que lle valeu onte en Compostela o premio Voz de Liberdade 2011 que recoñeceu, en palabras de Miro Villar, voceiro do xurado, "a súa traxectoria independente e firme, tanto na defensa da liberdade de expresión como na dos dereitos das mulleres".

    (Más información en El Correo Gallego)

     

    26 nov 2011 / 21:30
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito