Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A RAG lembra en Cambados cen anos de ‘Vento mareiro’

A Academia evoca a pegada do poemario de Cabanillas

    O segundo libro de poemas de Ramón Cabanillas, Vento mareiro, publicouse por primeira vez en 1915 na Habana. O autor dedicoullo ao seu Cambados "pobre, fidalgo e soñador", que onte á tarde acolleu un acto da Real Academia Galega de conmemoración do centenario da publicación dunha obra que puxo ao día a poesía galega de comezos do século XX. A muiñeira de Cambados, interpretada polo gaiteiro Xaquín Xesteira, marcou o comezo da celebración, na que se intercalaron relatorios co recitado de versos de Vento mareiro e de homenaxe a Ramón Cabanillas a cargo de tres académicos: Fina Casalderrey, Margarita Ledo e Salvador García Bodaño. Tras as palabras de benvida do presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma, o profesor e investigador Emilio Ínsua pronunciou un relatorio no que abordou a relación entre Cabanillas e as Irmandades da Fala.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    14 nov 2015 / 22:09
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito