Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ramón Tojo agradece a maioría e comprométese a gobernar "para todos"

Logrou para o PPdeG 7 dos 11 ediles de Rois e incrementou a porcentaxe de apoio

Rois. Ramón Tojo Lens amosou a súa satisfacción polos resultados que conseguiu o PP de Rois, sendo quen de revalidar a maioría absoluta co mesmo numero de escanos na Corporación (7 de 11 ediles), incrementando medio punto a porcentaxe de apoio veciñal (55,80% fronte ao 55,16% de hai catro anos) e mantendo o mesmo número de votos 1.603, segundo o Ministerio do Interior.

Tojo destacou a alta participación en Rois (un 74,14 %), e asegurou que "volver a repetir maioría absoluta supón para nós unha gran responsabilidade para estas catro anos que agora comezan, unha lexislatura na que seguiremos gobernando para todos os veciños e veciñas de Rois, "Estamos moi satisfeitos co resultados das municipais", sinalou Ramón Tojo, para quen a veciñanza "soubo recoñecer o compromiso, a seriedade e o traballo de-senvolvido por o equipo de goberno do PP durante estes catro anos".

29 may 2019 / 21:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito