Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A Rapa premia a 'O Bruxo', Silvie e Patricie, Magariños e Cristóbal Hara

Tamén foi recoñecido o grupo folclórico Airiños de Caldelas polos seus 35 anos

    A subida ao monte e o Festival RapaSons marcan hoxe o comezo dunha vintena de actividades que terán lugar en Sabucedo ata o luns con motivo da tradición ancestral da Rapa das Bestas. Non obstante, onte pola noite dende a asociación outorgaban os premios da IX Gala Rapa das Bestas na Honra e Louvanza dos Aloitadores.

    O fotógrafo Cristóbal Hara foi un dos premiados. Dende a organización destacan que leva moitos anos acudindo á Rapa das Bestas de Sabucedo e foi un dos primeiros fotógrafos que baixou á area do curro para captar a esencia da loita entre homes e cabalos. Outro dos galardoados foi Xosé Luis Torrado O Bruxo, un polifacético recuperador físico, psíquico e espiritual.Neste caso recibe o recoñecemento por ser unha persoa moi próxima á tradición da Rapa das Bestas, explican os organizadores.

    Silvie e Patrice son unha parella de reporteiros franceses que en 1989 acompañaron ao fotógrafo portugués Manuel Gomes para elaborar un documental sobre a Rapa. Despois vivirían durante anos en Sabucedo. Para eles é outros dos premios.

    Tamén era onte recoñecido José Luis Magariños, un veciño de Sabucedo (1943) moi aprezado na parroquia "e que foi aloitador ao rabo durante moitos anos, ata que sufriu un grave accidente loitando, o que o apartou do seu traballo durante máis de tres meses", explicaron dende a asociación. Por último resultou premiada a agrupación folclórica Airiños de Caldelas, polos seus 35 anos de historia e por ser un dos grupos que ameniza habitualmente a festa.

    05 jul 2018 / 21:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito