Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Real Academia Galega dedicaralle o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres

A homenaxe á escritora falecida o pasado setembro terá lugar o 21 de marzo na academia

Santiago. A Real Academia Galega dedicaralle o Día Mundial da Poesía a Xohana Torres. A escritora e académica de número, falecida o pasado mes de setembro, será recordada o vindeiro 21 de marzo nun acto literario e musical, a partir das 19.30 horas, no que poetas de distintas xeracións e amizades da autora lerán e comentarán desde unha perspectiva persoal fragmentos da súa obra. Guadi Galego e Guillerme Fernández poranlle música a esta homenaxe.

Tamara Andrés, Xosé Manuel Beiras, Berta Dávila, Xosé Luís Franco Grande, Margarita Ledo, Carlos Negro, Ánxeles Penas, Luz Pozo Garza, Ismael Ramos, Ánxela G. Abalo, Gustavo Pernas e Euloxio R. Ruibal recitarán e comentarán anacos de obras Xohana Torres, desde versos de Do sulco -o seu primeiro poemario, publicado en 1957- e un fragmento da obra teatral Da outra banda do Iberr (gañadora do Premio Castelao en 1966) ata poemas de Estacións ao mar (Premio da crítica española en 1981) e Tempo de ría (1992).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

02 mar 2018 / 21:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito