Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Recicláronse 31.000 kg máis de vidro na comarca o ano pasado

Os mellores datos atópanse nos municipios con máis habitantes como Ames e Teo // No 2019 incrementáronse tamén o número de contedores // A Baña, Padrón e Boqueixón lideran o ranking de quilos por habitante

Fortalecer a concienciación cidadá con respecto ao medioambiente é un labor fundamental que se debe facer dende os distintos concellos. Apostar pola reciclaxe, eliminar os puntos incontrolados e xestionar os residuos son as bases para favorecer un desenvolvemento local sostible. E ao parecer en todo Área existe cada vez unha maior concienciación, pois así o indican as estadísticas de reciclaxe de vidro do ano pasado publicadas por Ecovidrio. No 2018 os municipios de Área reciclaron 8.813.708 quilos, mentres que no 2019 foron 9.376.240, o que implica un incremento de 562.535 quilos de vidro. No caso concreto da comarca de Santiago, na que se centrará o artículo, recicláronse hai dous anos 2.792.330 quilos e no 2019 incrementáronse a 2.822.980. En total, 31.650 máis. Cifras que demostran unha maior implicación veciñal.

Os mellores datos atópanse nos municipios con maior número de habitantes: en Ames, onde se reciclaron un total de 508.730 quilos; e en Teo con 293.610 kg Siguen o listado Padrón (236.710), Ordes (198.310), Santa Comba (148.370) e Brión (121.330 quilos). Con todo, a listaxe cambian ao falar dos quilos reciclados por habitante. Nese caso lidera o ranking A Baña, con 30,23 kg por veciño. Tras este municipio atópase Padrón (28,23), Boqueixón (28,02), Santa Comba (23,08), Melide (20,49), Mazaricos (20,46) e Dodro (18,33). Neste caso a vila con máis habitantes recicla 16 kg por veciño, quedando por conseguinte nunha posición bastante baixa respecto ao resto de municipios da comarca.

Datos positivos tamén, no tocante á concienciación cidadá e dos propios concellos, son o número de contedores, que no 2019 se incrementaron en 53 respecto ao 2018. De 1.159 pasouse a albergar no total da comarca de Santiago 1.212.

Os municipios que albergan máis colectores é Ames, que é tamén o de maior poboación, e Ordes. Ambos tiñan un total de 123 durante o ano pasado. O seguinte con maior cantidade é Teo con 108, Santa Comba con 103, Padrón con 79 e Vedra con 62. Pola contra, os que menos teñen son Trazo (19), Frades (22), Rois (24), Dodro (22) e Mazaricos que tiña no 2019 un total de 27 contedores, a mesma cantidade que no 2018. Hai polo tanto aínda moito que facer nalgúns concellos, ávida conta de que os veciños sempre van reciclar máis si se lles dan facilidades.

A pesar do incremento xeralizado na cantidade de vidro que se reciclou, os datos entre municipios diferen moito, o que reflexa unha clara necesidade en certas vilas de investir máis en colectores e de implicarse máis en campañas de concienciación. Municipios que teñen moitos habitantes en comparación co resto, quedan moi por debaixo ao falar de quilos reciclados por habitante. Hai que mellorar as cifras.

{ A OLLADA }

Moito por andar

semella que cada vez hai máis concienciación medioambiental, pero o que se fai non é para nada suficiente. Ninguén pode estar tranquilo por botar o lixo aos contedores adecuados, ou por ducharse en vez de bañarse... Está moi ben, pero hai outros moitos actos que contaminan a maior escala. O que moitos non saben é que o mellor que podemos facer polo planeta é eliminar, ou reducir, os produtos de procedencia animal. Estos xeran o 51% dos gases invernadoiro, de feito, segundo datos da ONU e a FAO, a industria cárnica é a causante do 91% da destrución da selva amazónica e esgotou as tres cuartas partes da reserva de peixes do mundo.

O PROTAGONISTA

Jose Caldelas

Concelleiro de Vedra

"colocamos colectores nas aldeas"

"Dende o Concello de Vedra facemos principal énfase en promocionar na nosa páxina web e nas redes sociais a reciclaxe de vidro, cartón e plásticos", explicou o concelleiro de medioambiente. De feito en Facebook "tratamos de denunciar as condutas máis incorrectas" a modo de concienciación cidadá. Os datos de reciclaxe nos dous últimos anos, engadiu, son positivos "porque nos esforzamos en colocar contedores máis cerca da poboación". Agora, engadiu, "hai practicamente un colector por cada aldea e non un por parroquia" o que axudou moito á mellora dos datos. De feito a de cartón "aumentou nun 20 % nos últimos dous anos".

29 mar 2020 / 22:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito