Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Reclaman igualdade para os traballadores do ensino concertado

A Consellería asegura que defende a todos os docentes, sexan do ensino público ou non

Representantes dos sindicatos do ensino concertado concentráronse onte diante da Consellería de Educación para reclamar negociacións coa Administración para avanzar na "normalización" salarial dos sete mil traballadores do sector que, aseguran, perderon en oito anos "un total de 19.000 euros" e dereitos recoñecidos noutras autonomías.

Os voceiros sindicais afirmaron que dende a reunión co titular de Educación, Román Rodríguez, o pasado 5 de decembro, a evolución foi "absolutamente decepcionante" pola "falta de coñecemento" sobre o tema e porque "non houbo resposta" por parte de Administración ás demandas presentadas.

Rodolfo Castro, representante do FSIE, incidiu que a situación vén dende 2009, ó non existir "acordo de mantemento de emprego nin recolocación" dende que goberna Núñez Feijóo. Henrique García, de CIG Ensino, resaltou pola súa banda a actitude "inmovilista e rácana" da consellería, e que precisou que ata 2009 "este acordo foi aprobado polos gobernos de todo todo tipo de cores, como algo básico e primordial". Os sindicatos puxeron en marcha unha campaña de recollida de sinaturas co lema "Negociación na concertada, xa!" que rematará o mércores 25 de abril, data en que se concentrarán de novo diante da consellería de Educación, no complexo de San Caetano.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

04 abr 2018 / 22:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito