Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 26 mayo 2020
12:04
h

Reclaman un enlace teense coa autoestrada para dinamizar

Dende o BNG lembran tamén a promesa do bipartito local para reformar o Plan Xeral

    Teo. O BNG teense esixe ao Goberno estatal que atenda a demanda dos veciños para construír un enlace coa autoestrada AP-9 no seu termo municipal. A xuízo do candidato á alcaldía polo Bloque, Manuel Anxo Fernández Baz, un acceso cara a esta vía reforzaría as comunicacións e as posibilidades de dinamización económica local.

    Segundo este concelleiro, a actuación "evitaría que tiveramos que saír ou entrar no Milladoiro, con toda a problemática que xenera en canto a tráfico, e por outra parte reforzaría as conexións cun futuro polígono industrial e de servizos imprescindible en Teo para xerar emprego e impulsar a economía".

    O alcaldable nacionalista reclamou ademais a gratuidade da AP-9, e especialmente no tramo que vai de Santiago a Padrón, co propósito de aliviar o tránsito da N-550 ao seu paso polo seu municipio, así como reducir os problemas que existen no Milladoiro.

    E, por outra banda, desde decembro de 2014, cando o TSXG anulara parcialmente o PXOM por carecer dos estudos e informes preceptivos de impacto ambiental, "neste concello hai unha norma de ordenación en standby". O bipartito de Son de Teo e PSOE anunciara en febreiro de 2016 "que ía revisar o PXOM pero, tres anos despois, nada sabemos da tramitación do novo plan", dixo.

    15 mar 2019 / 00:00
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito