Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

'O refugallo', peza dramática chea de diversión e fantasía

Paula Carballeira encúmbrase no teatro ao recibir de novo o premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil

    A escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira (Fene, 1972), que gañou no ano 2006 o I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil coa peza Boas noites (2007), recibiu de novo ese galardón no 2011, desta vez na súa VI convocatoria, coa obra O refugallo, que vén de publicar Edicións Xerais de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, como todas as obras - de momento sete- que conforman a colección Biblioteca Dramática Galega de Literatura Infantil.

    É de salientar que a primeira posta en escena de O refugallo tivese lugar o 19 de xaneiro do 2013 no Salón Teatro de Santiago, moito antes da súa publicación, e a cargo de Berrobambán, compañía da que a propia Paula Carballeira é actriz, coa colaboración de Bichakadela, obtendo un éxito notable entre o público infantil e familiar.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y Orbyt

    28 feb 2014 / 20:53
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito