Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os reitores alertan das "gravísimas consecuencias" dos recortes nos orzamentos para a I+D

Os fondos non financeiros caen un 80'% e recúan a niveis de 2002

    Os fondos non financeiros destinados á investigación e o desenvolvemento (I+D) sufrirán unha redución do 80%, ata quedarse en valores semellantes aos de 2002, alerta a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) nun comunicado no que se manifesta "contraria aos masivos recortes" que sofre a ciencia nos Presupostos Xerais do Estado para 2013. A comisión sectorial de I+D da CRUE denuncia que os recursos económicos previstos para o ano que vén para financiar a investigación son "claramente insuficientes" e augura que terán "gravísimas consecuencias" no aínda novo sistema de ciencia e tecnoloxía español, que precisa de fondos públicos non financeiros "para manter a súa competitividade e para contribuír ao cambio de modelo produtivo".

    A merma que sofren as partidas de I+D para o ano que vén, detalla, terán un "impacto crítico" sobre a investigación pública, e fundamentalmente na básica, "motor da investigación excelente e dos maiores avances na fronteira do coñecemento", engade a CRUE, que acusa ao Goberno manter unha práctica política que difire co seu discurso de apoio á ciencia. "A redución orzamentaria en investigación debe ser mínima para evitar incongruencias entre un discurso político no que 'a sociedade debe basear o seu progreso no coñecemento' e unha aplicación de políticas e accións que van na dirección diametralmente oposta", reza o comunicado.

    05 nov 2012 / 16:35
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito