Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A relación de Rianxo co cine naceu en 1916

A primeira función na vila foi no Salón Rianjo, de Joaquín Bóveda // Tamén existiron o Moderno, o Taragoña, o Avenida, El Centro e o Iglesias, que acolleu en 1934 a primeira asemblea galeguista do municipio

Á hora de repasar a historia dos cines de Rianxo, é necesario remontarse ó cinematógrafo de comezos do século XX e situarnos en 1914, ano no que o crego da vila, Antonio Carracedo Viña, instala na escola de nenas un pequeno aparato para proxectar vistas morais e de carácter relixioso. Este tipo de proxeccións tan só se realizaban esporádicamente, en actos culturais ou relixiosos.

Segundo sinalan Xosé Comoxo e Xesús Santos no seu traballo sobre a historia dos cines en Rianxo, en abril de 1916 o xornal Galicia Nueva de Vilagarcía anunciaba que "dentro de poco se empezarán a dar funciones cinematográficas en el Salón Ordóñez", (que posteriormente sería denominado Salón Rianjo). O seu dono era Joaquín Bóveda e a primeira función tivo lugar o día 3 de xuño.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

21 feb 2016 / 20:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito