Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rematan as obras de restauración do monumento a San Francisco

    A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón, visitaron as obras de restauración do monumento a San Francisco de Asís, obra de Francisco Asorey. Estes traballos permitiron combater a humidade e eliminar vexetacións e musgos, que estaban a provocar a disgregación dos morteiros.

    Tamén se realizou unha limpeza xeral para eliminar capas de sucidade e contaminación. En paralelo, consolidáronse os bloques de pedra onde era necesario e reordenouse o pequeno xardín da parte inferior, mantendo a roseira trepadora, que xa se incluía na concepción orixinal da obra.

    Este monumento inaugurouse en 1930 e foi realizado por Francisco Asorey a partir do encargo dunha comisión creada especificamente para honrar a memoria do santo de Asís e a súa presenza en Compostela. Ten 12 metros de altura e nel Asorey plasmou os trazos de pobreza propios da espiritualidade franciscana. A obra, que financiada polo Consorcio de Santiago, ten un custo de 15.403 euros e está sendo realizada pola empresa especializada en restauración Parteluz.

    02 ago 2013 / 17:04
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito