Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Renovación do firme nos viais entre O Son e Ribeira e en Rianxo

A Deputación da Coruña asinou o pasado mércores os contratos para a execución das obras de renovación e mellora do firme de novos tramos das estradas provinciais DP-7103 de Laranga a Olveira por Seráns, entre Porto do Son e Ribeira, e DP 3301 que une Rianxo con Bexo por Isorna, entre o concello rianxeiro e o de Dodro. Ambas intervencións suman un investimento de 326.419 €.

Os traballos desta nova fase de mellora do firme da DP 7103 foron adxudicados por 187.810 euros á empresa Leonardo Miguélez, e terán unha duración estimada de catro meses. Estes darán continuidade ás xa acometidas pola área provincial de Vías e Obras nos primeiros 4,6 quilómetros do vial.

A actuación inclúe o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor, así coma o fresado mediante medios mecánicos e a demolición do pavimento nos puntos onde se atopa máis deteriorado nas interseccións con outros viais.

Polo que respecta ás obras de mellora da estrada que conecta Rianxo con Bexo por Isorna, estas executaranse no tramo que vai do punto quilométrico 10+200 ao 12+810 e contan cun orzamento de 138.609 euros. Ao igual que no caso anterior, os traballos incluirán a limpeza e roza das cunetas e beiravías, a reparación e fresado de varios puntos e dotación dunha nova capa de rodaxe en todo o ancho da calzada.

10 oct 2019 / 21:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito