Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ribeira licita unha senda peonil en Aguiño que une Porto Fenicio con Couso

As empresas teñen ata o próximo día 3 de decembro para presentar as ofertas

O Concello de Ribeira acaba de licitar unha nova actuación consistente na implantación dunha senda peonil de 443 metros de longo e 2,5 de ancho entre Punta do Laño e o Peirao Fenicio (ambos emprazamentos situados na parroquia de Aguiño) que enlazará co camiño de 2.500 metros existente entre este último punto e Couso. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro da Edusi Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

O que se pretende con esta actuación é protexer o borde litoral nesta franxa ao tempo que se garante o libre acceso e uso público da costa e se potencia o seu emprego como zona de esparcemento e benestar da poboación. O orzamento desta intervención ascende a 74.600 euros e o seu prazo de execución son cinco meses. As empresas interesadas en concorrer ao concurso dispoñen ata o 3 de decembro para presentar as súas ofertas.

15 nov 2019 / 22:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito