Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 31 octubre 2020
11:25
h

Rois pon ao descuberto todo o seu potencial de música tradicional

O traballo, froito de anos de investigación, é obra de A Regionalista de Teo // A presentación do libro-cd xuntou a varias xeracións de artistas locais nunha emotiva foliada

Foliada en Rois... Terriña a Nosa! é froito de anos de investigación, de buscar na raíz dos pobos galegos, de escudriñar as tradicións como o lumepán e a música dos nosos antergos, de recoller material aínda latexante (da cultura inmaterial ... ou material, depende do prisma co que se mire), pero sobre todo o libro-cd presentado esta fin de semana en Rois é unha testimuña do rico e variado folclore existente na nosa comunidade galega e, en concreto en municipios aínda inexplotados como é Rois e tamén "unha homenaxe aos transmisores", en palabras dun dos seus autores. O traballo parte de integrantes da Asociación A Regionalista de Teo, quenes veñen recopilando datos en diversos municipios dende os anos 90 e, en concreto, o libro -que pon ao descuberto todo o rico potencial folclórico de Rois- é obra de José María Cebeiro e Xosé Francisco Noia. A publicación, de máis de 90 páxinas, inclúe fotografías, e conta coa colaboración do Concello.

O acto, celebrado no auditorio municipal, reuníu a grandes figuras da música tradicional local, xentes que hai anos que non se viran ou netas que descoñecían que o seu avó tocaba. Tamén foi una foliada emotiva na que nun mesmo escenario reencontraronse formacións históricas do municipio (presentes no libro):

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

17 mar 2015 / 00:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito