Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
valor conmemorativo

Román Rodríguez: “Este libro é unha auténtica obra de arte”

Homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas en Santiago na presentación da reedición de Bolanda Edicións dos ‘Contos vellos para rapaces novos”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou no Hotel Monumento San Francisco de Santiago na presentación do libro Contos vellos para rapaces novos de Xosé Neira Vilas. A obra, publicada nun volume de gran formato por Bolanda Edicións, e con ilustracións de Antía Barba Mariño, é a versión revisada, aumentada e definitiva deste título que o escritor cruceño dera ao prelo por vez primeira en 1983 en Ediciós do Castro.

En palabras de Román Rodríguez, o libro é “unha auténtica obra de arte” que conta cun singular valor conmemorativo, posto que o proceso compilador, realizado polo propio Neira, concluíuno na Habana en 1966, e hoxe, xusto 50 anos despois, ve a luz esta completa e coidada edición. O conselleiro reivindicou o traballo de Neira Vilas ao longo da súa vida “como difusor da literatura de tradición oral entre a mocidade”. Un labor que fixo “coa convicción de que, deste xeito, a lingua e a cultura de noso gañarían o seu futuro”, sabedor do papel decisivo que xoga esta literatura no coñecemento da idiosincrasia dos pobos, da súa historia e dos seus valores.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

08 jun 2016 / 21:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito