Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Romero e Vázquez trazan liñas de colaboración para mellorar a AC-305 ao seu paso por Boiro

Na reunión tamén trataron a mellora paisaxística do municipio ou asuntos de mobilidade comarcal

    O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para trazar novas vías de colaboración entre a entidade e o Concello para o desenvolvemento e proxección do municipio. Entre os temas que se trataron na xuntanza están a mellora integral de tramos da AC-305 ao seu paso polo municipio.

    Os proxectos que o rexedor presentou á representante da Xunta están realizados en base a traballos de Fundación Ría, para o que estivo acompañado do arquitecto Manuel Rodríguez. Entre as melloras desta estrada está o tramo da rúa Principal de Boiro, que é o principal núcleo urbano do Concello, e tamén arranxos puntuais no paso do vial por Escarabote.

    Por outra banda, no encontro Vázquez e Romero tamén abordaron a necesidade da sinalización turística e mellora paisaxística da localidade. As propostas do goberno boirense neste eido céntranse na "sinalización de praias nos principais accesos, como a autovía e as entradas ao municipio", sinalaron dende a alcaldía. Do mesmo xeito, falaron de asuntos de mobilidade comarcal no tocante ao transporte público e mellora das conexións.

    Proximamente, os catro alcaldes dos concellos de Arousa Norte manterán unha nova xuntanza coa conselleira para tratar o tema do saneamento.

    18 nov 2019 / 21:13
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito