Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Rouban o cableado do campo de fútbol de O Pino

    O PINO O campo de fútbol de herba natural do Concello de O Pino, en Arca sufríu recentemente o roubo da totalidade do cableado das súas instalacións. Axentes da Garda Civil achegáronse ata o recinto ao día seguinte da sustracción e puideron dar parte da falta de toda a fontanería dos vestiarios e as mangueiras de corrente das torres de iluminación do campo. Segundo explicaron dende o Concello, o roubo está valorado en 7.000 euros, uns 3.900 € na parte eléctrica e 2.600 no tocante á fontanería. “Deixaron todo baleiro, soamente quedaron os lavabos e os váteres”, asegura o alcalde, Manuel Taboada. A súa reposición consistirá en materiais de alumnio e plástico, “aínda que isto supón un mes e medio de arranxos e problemas para o seu uso”.

    31 mar 2013 / 20:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito