Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Saneamento para núcleos lousamiáns do entorno de Seixido, Filgueira e Servia

Cifran en máis de 137.000 euros o que aportará a Consellería de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de rematar as obras de saneamento nos núcleos de Filgueira, Seixido e Servia, que hoxe foron entregadas ao Concello de Lousame. Esta actuación, cun investimento de máis de 137.000 euros, consistiu na dotación de servizos de saneamento a estes núcleos, na parroquia de San Xoán de Lousame, que non dispoñían destas infraestruturas hidráulicas.

Para conectar as vivendas da zona coa rede existente levouse a cabo a execución de tres novos tramos de colectores. A nova rede ten unha lonxitude aproximada de 1.054,1 metros, rematando a rede nun sistema de depuración para uns 105 habitantes, prefabricado en poliéster e reforzado con fibra de vidro de volume que ronda os 31.500 litros.

Do mesmo xeito, instaláronse arquetas de separación de grosos con reixa manual e arquetas de inspección e toma de mostras.

Cómpre lembrar que esta obra está cofinanciada con fondos europeos que proveñen do programa operativo Feder para o periodo 2014-2020.

05 sep 2019 / 20:36
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito