Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
LITERATURA INFANTIL E XUVENIL · ELOS DE LECTURA

Segundo Premio María Victoria Moreno 2019

O premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil é outro dos premios cos que se homenaxea en e desde Galicia a escritores pioneiros da LIX galega. Este galardón está convocado polo Concello de Pontevedra co patrocinio da Editorial Urco Editora que se encarga da publicación da obra premiada.

No ano 2019 foi galardoada a novela Ardora, da autora galega Beatriz Maceda Abeleira (A Coruña 1963), obra acompañada de ilustracións de Laura Veleiro Suárez (Xixón, 1970). O xurado que a elixiu destacou o compromiso co ecoloxismo e coas novas formas de convivencia, a construción duns personaxes secundarios de gran relevancia, o emprego responsable das novas tecnoloxías e, sobre todo, a empatía co seu público potencial: o lectorado que está nos primeiros anos da adolescencia. Serán os mares e os seres que os habitan quen guiarán as vivencias dos protagonistas que pasan unhas vacacións coa súa tía Lola.

marta.neira@usc.es

09 abr 2020 / 21:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito